viernes, 5 de julio de 2013
PARIS, PARIS...
E para rematar o curso e a súa estancia no centro educativo, o alumnado de 4º de ESO marchou a Paris!!! Foi unha viaxe increíble, chea de monumentos, amigos, risas e pizzas. Foron tan só cinco días pero moi ben aproveitados.
1º día: viaxe Arcade- Oporto- Paris, onde houbo tempo para facer unha visita panorámica por la Praza da Concordia (aló si que rodaron cabezas!), Les Champs Élyssés , Place de l'Étoile, La Defènse...
2º día: visita a Louvre (Venus de Milo, Victoria de Samotracia, O Escriba Sentado, os touros alados mesopotámicos e a incomparable Giocconda. Se a mañá foi intensa, a tarde non se quedou atrás. Despois dun rápido bocadillo e un partido de confraternización cos parisinos, visitaron a tumba de Napaleón en Les Invalides, contemplaron desde o Bateaux Mouches as marabillas parisinas e subiron a gran señora: a Torre Eiffel. Non hai que dicir que chegaron reventados ao hotel.
3º día: Dineyland. Pasaron o día entre fantasía e...choiva.
4º día de madrugón, pero ben merecido. Primeiro a Catedral de Notre Dame de Paris, La Conciergerie (último refuxio de Mª Antonieta antes de ser guillotinada), Barrio Latino e depois, con Manuel o noso paciente conductor, a Versalles. Aínda houbo tempo de pasar por las galerías Lafayette e, os máis valentes, aínda se animaron a ver o Cemiterio de Montmartre, o café onde se filmou a pelicula Amélie e o incomparable solpor desde o Sacre Coeur.
5º día: a pesar de que estaban moi cansados, non rechistaron subindo a Montmartre e visitando o Sacre Coeur. Despois, xa non houbo tempo máis que para coller a maleta e dicir: AU REVOIR, PARIS!
O mellor da viaxe: o comportamento dos alumnos/as! Noraboa e grazas.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario