viernes, 5 de julio de 2013
GUIMARAES
Os días 9 e 10 de abril foron os alumnos/as de 3º ESO a visitar Guimaraes co Proxectoterra.
O primeiro día, o arqueólogo da Citania de Briteiros explicoulles os secretos da vida nos Castros e o esforzo que fan para mantelos fóra do alcance dos eucaliptos e da desidia humana.
Despois de comer, acercámonos ata o Mosteiro de Souto San Salvador para entender a evolución dos núcleos de poboamento no período medieval. E, de camiño para o albergue, aínda tivemos tempo de ver algún dos edificios emblemáticos da cidade.
A noite foi longa e moi divertida para algúns que, por certo, ao día seguinte rendíronse ante o irremediable cansancio.
Almorzamos ás 9:30 e saímos coa guía a visitar algunhas das antigas fábricas de couros que se conservan en perfecto estado. Antes de acercarnos ao castelo e ao Pazo dos duques de Bragança, os rapaces e rapazas, divididos en grupos de 7, tiveron que darse presa para atopar as respostas do cuestionario que lles tiña preparado a nosa guía. Algúns foron raudos outros…non tanto.
Comimos no albergue e a durmir a sesta no autobús! Con pena deixamos o país veciño que moi lonxe de sucumbir á sorte da implacable crise, seguen loitando para manter o país limpo e arranxado.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario