viernes, 5 de julio de 2013

PARIS, PARIS...

E para rematar o curso e a súa estancia no centro educativo, o alumnado de 4º de ESO marchou a Paris!!! Foi unha viaxe increíble, chea de monumentos, amigos, risas e pizzas. Foron tan só cinco días pero moi ben aproveitados. 1º día: viaxe Arcade- Oporto- Paris, onde houbo tempo para facer unha visita panorámica por la Praza da Concordia (aló si que rodaron cabezas!), Les Champs Élyssés , Place de l'Étoile, La Defènse... 2º día: visita a Louvre (Venus de Milo, Victoria de Samotracia, O Escriba Sentado, os touros alados mesopotámicos e a incomparable Giocconda. Se a mañá foi intensa, a tarde non se quedou atrás. Despois dun rápido bocadillo e un partido de confraternización cos parisinos, visitaron a tumba de Napaleón en Les Invalides, contemplaron desde o Bateaux Mouches as marabillas parisinas e subiron a gran señora: a Torre Eiffel. Non hai que dicir que chegaron reventados ao hotel. 3º día: Dineyland. Pasaron o día entre fantasía e...choiva. 4º día de madrugón, pero ben merecido. Primeiro a Catedral de Notre Dame de Paris, La Conciergerie (último refuxio de Mª Antonieta antes de ser guillotinada), Barrio Latino e depois, con Manuel o noso paciente conductor, a Versalles. Aínda houbo tempo de pasar por las galerías Lafayette e, os máis valentes, aínda se animaron a ver o Cemiterio de Montmartre, o café onde se filmou a pelicula Amélie e o incomparable solpor desde o Sacre Coeur. 5º día: a pesar de que estaban moi cansados, non rechistaron subindo a Montmartre e visitando o Sacre Coeur. Despois, xa non houbo tempo máis que para coller a maleta e dicir: AU REVOIR, PARIS! O mellor da viaxe: o comportamento dos alumnos/as! Noraboa e grazas.

ECOPARQUE (MARÍN)

A piques de rematar o curso, o alumnado de 4º de ESO disfrutou dun día de exercicio físico e divertimento no Ecoparque de Marín.

SOTAVENTO

Despois da ponte de maio, o alumnado de 4º de ESO viaxou ata o norte do país para coñecer de cerca unha planta eólica tan importante como a de Sotavento.

VISITA AO MUSEO ARQUEOLÓXICO DE PONTEVEDRA

Un curso máis, o alumnado de 1º de ESO poido visitar as magníficas obras depositadas no Museo Provincial de Pontevedra, xa en pleno traslado ás novas dependencias. Despois, visitaron as rúas da cidade vella e aínda tiveron tempo de saborear un xelado antes de regresar ao centro.

ARTE EFÍMERA NA PRAIA DA LANZADA

Os rapaces e rapazas de 1º de ESO demostraron as súas dotes artísticas e creativas reproducindo os cadros máis famosos da Historia da Arte no areal da praia da Lanzada. Xulgade vós mesmos o resultado.

CIENCIA vs FICCIÓN

O departamento de Tecnoloxía xunto co Equipo de Normalización Lingüística do centro organizou unha video conferencia para que os alumnos de 2ºde ESO perderan o medo ao mundo da ciencia. Non temos imaxes do evento, pero podemos asegurar o interese mostrado polos rapaces.