viernes, 5 de julio de 2013

SOTAVENTO

Despois da ponte de maio, o alumnado de 4º de ESO viaxou ata o norte do país para coñecer de cerca unha planta eólica tan importante como a de Sotavento.

VISITA AO MUSEO ARQUEOLÓXICO DE PONTEVEDRA

Un curso máis, o alumnado de 1º de ESO poido visitar as magníficas obras depositadas no Museo Provincial de Pontevedra, xa en pleno traslado ás novas dependencias. Despois, visitaron as rúas da cidade vella e aínda tiveron tempo de saborear un xelado antes de regresar ao centro.

ARTE EFÍMERA NA PRAIA DA LANZADA

Os rapaces e rapazas de 1º de ESO demostraron as súas dotes artísticas e creativas reproducindo os cadros máis famosos da Historia da Arte no areal da praia da Lanzada. Xulgade vós mesmos o resultado.

CIENCIA vs FICCIÓN

O departamento de Tecnoloxía xunto co Equipo de Normalización Lingüística do centro organizou unha video conferencia para que os alumnos de 2ºde ESO perderan o medo ao mundo da ciencia. Non temos imaxes do evento, pero podemos asegurar o interese mostrado polos rapaces.

GUIMARAES

Os días 9 e 10 de abril foron os alumnos/as de 3º ESO a visitar Guimaraes co Proxectoterra. O primeiro día, o arqueólogo da Citania de Briteiros explicoulles os secretos da vida nos Castros e o esforzo que fan para mantelos fóra do alcance dos eucaliptos e da desidia humana. Despois de comer, acercámonos ata o Mosteiro de Souto San Salvador para entender a evolución dos núcleos de poboamento no período medieval. E, de camiño para o albergue, aínda tivemos tempo de ver algún dos edificios emblemáticos da cidade. A noite foi longa e moi divertida para algúns que, por certo, ao día seguinte rendíronse ante o irremediable cansancio. Almorzamos ás 9:30 e saímos coa guía a visitar algunhas das antigas fábricas de couros que se conservan en perfecto estado. Antes de acercarnos ao castelo e ao Pazo dos duques de Bragança, os rapaces e rapazas, divididos en grupos de 7, tiveron que darse presa para atopar as respostas do cuestionario que lles tiña preparado a nosa guía. Algúns foron raudos outros…non tanto. Comimos no albergue e a durmir a sesta no autobús! Con pena deixamos o país veciño que moi lonxe de sucumbir á sorte da implacable crise, seguen loitando para manter o país limpo e arranxado.

sábado, 15 de junio de 2013

CADA SEMANA UN POEMA




Despois dunha tensa rivalidade, o 21 de marzo falláronse os premios do concurso: CADA SEMANA UN POEMA. Houbo moitos premios e premiados.






Pero, entre todos, hai que mencionar a Miriam Pérez Reguera (1º premio), Raquel Fernández Reguera e Miguel Soto Nogueira (3º premio) pola súa sensibilidade e pericia literaria.



NORABOA aos galardonados, aos que participaron e aos profes que organizaron o concurso, por certo, con rotundo éxito.


TEATRO EN INGLÉS

O martes 5 de marzo o alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO asistiron a una obra de teatro en inglés no salón de actos do centro. Non só aprenderon, senón que o pasaron estupendamente rindo as bromas dos actores.