domingo, 11 de noviembre de 2012

MAGOSTO

O tempo de outono, plomizo e chuvioso, deunos un respiriño para poder celebrar o magosto. Non faltou ninguén á cita co lume e as castañas, todos no seu posto á hora indicada: os máis experimentados fronte ós fogóns.

Mentres tanto, os imprescindibles colaboradores, este ano tocoulle ao alumnado de 3ºC, facían cucuruchos (bueno, algúns o intentaban).


O pinche vixiaba para que a pitanza non se queimara.



E as castañas, pouco a pouco, máis douradas (algunhas un pouco carbonizadas)


Unha vez asadas, o equipo de cociña encheu os cucuruchos...





que non tardaron en desaparecer engullidos polos rapaces cansados de xogar.



Grazas a todos/as pola vosa colaboración e bo día que pasamos!

FACENDO FÍSICA DE PARTÍCULAS

O pasado martes 6 de novembro o alumnado de Física e Química de 4º da ESO do noso colexio asistiu á videoconferencia Facendo Física de Partículas polo mundo que organizou a Coordinadora Galega de ENDL para festexar o III Día da Ciencia e a Tecnoloxía en Galego que convocan os colectivos de docentes de Matemáticas, Ciencias e Tecnoloxía co fin de reinvindicar que a ciencia e a tecnoloxía se poden expresar, e ensinar, tamén en galego.

Na charla participaron cinco investigadores galegos que traballan en proxectos punteiros que se desenvolven no CERN, The European Organization for Nuclear Research (orixinalmente: Conseil Européen pour la Recherche Nucléaire), o máis grande laboratorio de Física de Partículas do mundo que está situado en Xenebra na fronteira entre Francia e Suiza. E falaron dende Santiago de Compostela, Xenebra, Londres e Lisboa para máis de 6.000 estudantes de máis de 90 centros de Secundaria e Bacharelato de todo o país. Iso si, tomando como punto de partida o noso colexio, pois foi dende Soutomaior dende onde se presentou a videoconferencia para toda Galiza.

Patricia Conde, Olalla Castro, Abraham Gallas, Carlos Salgado e Cibrán Santamarina contaron a súa experiencia científica e responderon algunhas das centos de preguntas coas que os rapaces e rapazas os bombardearon durante boa parte da charla: que supón o descubrimento do Bosón de Higgs?, que é a antimateria?, que son os quarks e os gluóns?, etc., pero tamén preguntas máis persoais sobre a carreira investigadora, a dedicación ao seu campo de investigación ou os pasos que deberon seguir para chegar onde hoxe están.

O que nos quedou claro é que, como eles mesmos recalcaron, dende colexios e institutos coma os nosos, con profesores e profesoras coma os nosos, e con forza de vontade, moita ilusión e ganas de aprender a esgalla podemos chegar ben lonxe. Tamén animaron ás rapazas a estudar carreiras de ciencias, que parece que non é moi habitual, cando menos en Física, e tamén a facer ciencia e tecnoloxía en galego, que nunca foi obstáculo nun contexto multilingüe como o que se moven para desenvolver o seu traballo. É máis, afirmaron que tanto no contexto informal como no académico o galego comparte espazo en diálogo e en pé de igualdade con outras ducias de idiomas no maior proxecto europeo de investigación.
(Organizado polo Departamento de Física e Química e ENDL para o alumnado de 4º ESO que cursa Física e Química).



A MENTE COMO CENTRO DE CONTROL



O mércores 17 de outubro o alumnado de 4º ESO asistiu en Vigo a unha conferencia sobre a relación entre a mente e as novas tecnoloxías. “Comprobamos cómo os impulsos neuronais son suficientes para conducir unha bola entre distintos obstáculos”, Germán Vidal.
“Ademais, a través dun aparello colocado na cabeza dunha persoa, pódesen realizar movementos externos ao corpo humano, como levantar unha pelota e mantela en movemento”, comentounos Andrea Rodríguez.
(Organizado polo Departamento de Tecnoloxía para o alumnado de 4º ESO).



TORNEO DE XADREZ

Este curso, dende a Biblioteca, volvemos a organizar o Torneo de Xadrez para o alumnado de Secundaria. Imos pola 3ª edición e sempre tivo moito éxito.
Inscribíronse 24 participantes: 22 alumnos+2 alumnas. Están representados tódolos niveis da ESO, dende 1º ata 4º.
O día 23 de outubro comeza a 1ª ronda. Cada xogador/a enfrontarase en 2 partidas a un contrincante elixido, por sorteo, ó azar.
Que teñades moita sorte!
Que gañe o mellor!
(Alumnado participante: aberto a toda secundaria. Organizado polo equipo encargado da Biblioteca).