O tempo de outono, plomizo e chuvioso, deunos un respiriño para poder celebrar o magosto. Non faltou ninguén á cita co lume e as castañas, todos no seu posto á hora indicada: os máis experimentados fronte ós fogóns.
Mentres tanto, os imprescindibles colaboradores, este ano tocoulle ao alumnado de 3ºC, facían cucuruchos (bueno, algúns o intentaban).
O pinche vixiaba para que a pitanza non se queimara.
E as castañas, pouco a pouco, máis douradas (algunhas un pouco carbonizadas)
Unha vez asadas, o equipo de cociña encheu os cucuruchos...
que non tardaron en desaparecer engullidos polos rapaces cansados de xogar.
Grazas a todos/as pola vosa colaboración e bo día que pasamos!
domingo, 11 de noviembre de 2012
FACENDO FÍSICA DE PARTÍCULAS
O pasado martes 6 de novembro o alumnado de Física e Química de 4º da ESO do noso
colexio asistiu á videoconferencia Facendo Física de Partículas polo
mundo que organizou a Coordinadora Galega de ENDL para festexar o III
Día da Ciencia e a Tecnoloxía en Galego que convocan os colectivos de
docentes de Matemáticas, Ciencias e Tecnoloxía co fin de reinvindicar
que a ciencia e a tecnoloxía se poden expresar, e ensinar, tamén en
galego.
Na charla participaron cinco investigadores galegos que traballan en proxectos punteiros que se desenvolven no CERN, The European Organization for Nuclear Research (orixinalmente: Conseil Européen pour la Recherche Nucléaire), o máis grande laboratorio de Física de Partículas do mundo que está situado en Xenebra na fronteira entre Francia e Suiza. E falaron dende Santiago de Compostela, Xenebra, Londres e Lisboa para máis de 6.000 estudantes de máis de 90 centros de Secundaria e Bacharelato de todo o país. Iso si, tomando como punto de partida o noso colexio, pois foi dende Soutomaior dende onde se presentou a videoconferencia para toda Galiza.
Patricia Conde, Olalla Castro, Abraham Gallas, Carlos Salgado e Cibrán Santamarina contaron a súa experiencia científica e responderon algunhas das centos de preguntas coas que os rapaces e rapazas os bombardearon durante boa parte da charla: que supón o descubrimento do Bosón de Higgs?, que é a antimateria?, que son os quarks e os gluóns?, etc., pero tamén preguntas máis persoais sobre a carreira investigadora, a dedicación ao seu campo de investigación ou os pasos que deberon seguir para chegar onde hoxe están.
O que nos quedou claro é que, como eles mesmos recalcaron, dende colexios e institutos coma os nosos, con profesores e profesoras coma os nosos, e con forza de vontade, moita ilusión e ganas de aprender a esgalla podemos chegar ben lonxe. Tamén animaron ás rapazas a estudar carreiras de ciencias, que parece que non é moi habitual, cando menos en Física, e tamén a facer ciencia e tecnoloxía en galego, que nunca foi obstáculo nun contexto multilingüe como o que se moven para desenvolver o seu traballo. É máis, afirmaron que tanto no contexto informal como no académico o galego comparte espazo en diálogo e en pé de igualdade con outras ducias de idiomas no maior proxecto europeo de investigación.
(Organizado polo Departamento de Física e Química e ENDL para o alumnado de 4º ESO que cursa Física e Química).

A MENTE COMO CENTRO DE CONTROL
O mércores 17 de outubro o alumnado de 4º ESO asistiu en Vigo a
unha conferencia sobre a relación entre a mente e as novas tecnoloxías. “Comprobamos
cómo os impulsos neuronais son suficientes para conducir unha bola entre
distintos obstáculos”, Germán Vidal.
“Ademais, a través dun aparello colocado na cabeza dunha
persoa, pódesen realizar movementos externos ao corpo humano, como levantar
unha pelota e mantela en movemento”, comentounos Andrea Rodríguez.
(Organizado polo Departamento de Tecnoloxía para o alumnado de 4º ESO).
TORNEO DE XADREZ
Este curso, dende a Biblioteca,
volvemos a organizar o Torneo de Xadrez para o alumnado de
Secundaria. Imos pola 3ª edición e sempre tivo moito
éxito.
Inscribíronse 24 participantes:
22 alumnos+2 alumnas. Están representados tódolos
niveis da ESO, dende 1º ata 4º.
O día 23 de outubro comeza a 1ª
ronda. Cada xogador/a enfrontarase en 2 partidas a un contrincante
elixido, por sorteo, ó azar.
Que teñades moita sorte!
Que gañe o mellor!
(Alumnado participante: aberto a toda secundaria. Organizado polo equipo encargado da Biblioteca).
domingo, 14 de octubre de 2012
BENVIDA
Este quere ser un lugar de encontro entre toda a comunidade educativa do CPI Manuel Padín Truiteiro. Aquí publicaremos regularmente as actividades e saídas didácticas nas que participe o alumnado de secundaria. Os profesores/as responsables ou ben os propios estudantes, escribirán as súas impresións sobre a actividade proposta e mostrarán algunhas das fotos de recordo que sacaron. Sentídevos libres de opinar ou comentar sobre o que se vai organizando desde o centro educativo. Benvidos a todos/as!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)