martes, 22 de abril de 2014
THE AFRICAN-AMERICAN HISTORY MONTH
Os días 20, 21 e 28 de marzo os alumnados de 4ºESO, A, desenvolveron ante o alumnado bilingüe de 2ºESO na asignatura de Cidadanía, o workshop titulado "The African-American History Month". Coordinados pola profesora de inglés, o alumnado expuso a truculenta historia dos escravos americanos, a abolición da escravitude e a loita polos dereitos civís e organizaron actividades.
TALLERES DE ORIENTACIÓN
O mes de marzo é adicado, case en exclusiva,ao Departamento de Orientación. Primeiro o Taller de Orientación Profesional para o alumnado de 4ºESO que rematou cunha mesa redonda sobre as experiencias de tres profesionais (unha arquitecta, un licenciado en Belas Artes e unha Técnica Forestal). De cara a final de mes, os alumnos de 3º e 4ºESO asistiron aos Talleres de Sexualidade e Drogadición.
ENTROIDO
TALLER DE FOTOGRAFÍA
No mes de febreiro iniciáronse as sesións do Taller de Fotografía impartido por Marta Moreiras. En concreto desenvolvéronse os días 21, 24 e 26 de febreiro e no mes de abril aínda terán lugar tres novas sesións. A ver se descubrimos a algún futuro artista!
TECER HISTORIAS
María Lado (escritora e atriz) estivo co alumnado de 3ºESO para desenvolver un obradoiro de expresión oral, corporal e escrita tan inspiradora como o seu título: "Tecer hittorias, vestirse de palabras". Esta actividade foi organizada polo EDLG e o departamento de Lingua Galega.
viernes, 4 de abril de 2014
OS MISERABLES
E rematamos esta densa semana de febreiro con música. Esta vez, o departamento de CCSS foi quen propuso a principio de curso traballar sobre o musical "Os miserables" de Víctor Hugo e os departamentos de Música e Francés aceptaron gustosamente a invitación de...máis traballo. O resultado foi espectacular! O día 20 de decembro, na homenaxe a Josefa o coro interpretou cancións do musical. O día 13 de febreiro o alumnado de 4º ESO deu unha conferencia sobre a vida e obra de Víctor Hugo e o 14 de febreiro, como broche final, sete profesores acompañaron a 40 alumnos/as ao auditorio Mar de Vigo onde todos disfrutamos da música, a cor e a arte dunha obra inolvidable.


TEATRO
O día 13 de maio, o alumnado de 4ºESO foi a Vigo para asistir no teatro Salesianos á representación da obra: "A casa de Bernarda Alba" de Federico García Lorca. Os profesores de Lingua Castelá organizaron a actividade e acompañaron ao alumnado.
FOTOGRAFÍA EN CURSO
Este curso escolar grazas á iniciativa do departamento de Educación Plástica e Visual, estamos participando no programa "Fotografía en curso" sobre os espazos baleiros. Eliximos a antiga fábrica de Pontesa como punto de referencia e, a partir de aí, os distintos departamentos implicados comezaron a organizar o traballo e as actividades co alumnado,desde o taller de fotografía impartido por Marta Moreiras, ata entrevistas feitas a antigos/as traballadores da empresa. Pretendemos facer unha exposición final cos retratos e fotos máis fermosas que fagan os profes e os alumnos. A ver que sae!

XUBILACIÓN DE JOSEFA
O 20 de decembro de 2013 foi o último día de actividade docente para a nosa benquerida compañeira Josefa Canda Lorenzo. Despois de máis de 30 adicados á ensinanza, satisfeita pero tamén un pouquiño triste, díxonos ata sempre. Polo tanto, aproveitando que este ano temos un fermoso coro, regalámoslle un pequeno homenaxe. De tanto en vez, virá a visitarnos porque para ela o CPI Manuel Padín Truiteiro é a súa casa.



lunes, 24 de marzo de 2014
MAGOSTO
EXPOSICIÓN SOBRE O NEOLÍTICO
O 30 de outubro os alumnos/as de 1º de ESO visitaron a exposición sobre o Neolítico na cidade de Pontevedra. Tamén aproveitaron a ocasión para facer un pequeno percorrido pola cidade. A saída estivo organizada polo departamento de CCSS. Sentímolo pero non temos fotos!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)