domingo, 3 de marzo de 2013

INAUGURACIÓN

O pasado venres 1 de marzo e para sorprender á primavera con cores renovados, inauguramos o invernadoiro do centro.

A iniciativa de levantar un invernadoiro partiu dos profesores/as de diversificación curricular na súa comprometida loita por abrir camiños máis motivadores e prácticos de cara a onde dirixir ao alumnado. E aí están, dispostos a facer medrar leitugas, cebolas, plantas aromáticas, fresas...

Desexámoslles moita sorte e esperamos con impaciencia a primeira cosecha!


NATUREZA

Como xa ven sendo habitual, no mes de febreiro o alumnado de 1º ESO colle os sachos e as botas e marchan ao monte a facer a súa pequena-gran contribución co medio natural: a plantación de árbores. A actividade está organizada polo departamento de CCNN e o ENDL.

O XORNAL NA ESCOLA

O pasado 20 de febreiro, o alumnado de 1º ESO visitou FARO DE VIGO e, a pesar de que a rotativa estaba pechada, poideron percorrer o resto das instalacións. A actividade foi organizada polos departamentos de Lingua Castelá e Lingua Galega.

!ENTROIDO!

O pasado 8 de febreiro non foi un día radiante, pero cando menos, permitiunos celebrar o divertido entroido cos nenos/as. Asistiron políticos, policías, "indignados", membros da igrexa, superheroes e, por haber, ata se nos colou unha pita enorme. Os premios quedaron nos terceiros: Pablo volveu a gañar o concurso de tartas por segundo ano consecutivo (aquí hai madeira de cociñeiro internacional) e o de comparsas foi para o grupo de 3ºB coa súa titora, Andrea, á cabeza do jolgorio. Pois aí vos deixo unhas fotos da nosa reportera gráfica, Iris (alumna de 4ºA).







                                                                  3ºB GAÑADORES

IGUALDADE

Entre os días 16 e 23 de novembro, todo o alumnado da ESO asistiu aos talleres sobre IGUALDADE que se celebraron no noso centro. Durante dúas horas, participaron en xogos de simulación, veron vídeos e escoitaron falar de igualdade de xénero, a ver se a semente xermola axiña! A actividade estivo organizada polo departamento de Orientación.

CONFERENCIA

As cousas non sempre saen ben á primeira, así que, despois dun primeiro intento fallido no que o alumnado se tivo que conformar visitando a exposición titulada "Balea Negra", os alumnos/as de 3º e 4º de ESO, por fin, poideron asistir á conferencia sobre "VANTAXES E PERIGOS DAS REDES SOCIAIS". O evento estivo organizado polo departamento de tecnoloxía e se celebrou no salón de actos do centro educativo. Laura Martínez, alumna de 3ºC refírese ao que máis lle sorprendeu:


"...Lo que más me llamó la atención fueron dos cosas: la primera fue la llamada identidad digital, es decir, cuando entregas un currículum a una empresa lo primero  que hacen es ver tu nombre y buscarlo en GOOGLE para recoger todos los datos que hay sobre ti, como por ejemplo, tus redes sociales, en las cuales miran tus fotos y de eso depende mucho que te acepten para el puesto solicitado o no. Lo segundo que también llamó bastante la atención es que las empresas funerarias se encargan de desactivar las cuentas en las redes sociales de los fallecidos, y me parece una gran idea, ya que cuando fallece un familiar o amigo no es nada agradable ver sus redes sociales abiertas".

                          O alumnado atendendo á explicación do monitor (Exposición "Balea Negra")